luns, 17 de novembro de 2014

VOLVENDO A ORIXE

                                                 



Estes días atrás entre tres veciños tiveron a boa idea de traer ovellas para o Castro. A idea é que manteñan todo limpo e de paso zampar un año de vez en cando.
Estes tres emprendedores son: Serafin, Luis da Avelina e sobriños, e Julio da Mari Carmen.

O outro dia alí estabamos mirando como comían as ovellas completamente extasiados, penso que nos prestaba mais a nós miralas que a elas as berzas. ¡Quen nos diría fai trinta anos que esto sería noticia!
Moita sorte e que o rebaño siga crecendo.

Deixo testimonio gráfico da gandería.



Palleiro da Señora Concha  que fai de cuadra para os animais.


Cierre tradicional galego





E aquí están os animaliños comendo nas magnificas instalacions da corte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario