luns, 9 de decembro de 2013

ANO 2013

Xa fai tempo que non publicamos nada, pero como di un amigo meu "ando moi liado". Pero xa teño comentado que este blog é un espazo aberto, ou polo menos tento que o sexa, así calquera que queira ou teña algo que contar ou fotos para publicar, facedemo chegar é gustosamente o publico.


Deixo unhas cantas fotos da procesion da subida da Virxe é algunha mais.

Retablo Barroco da capela de Rubiás. O seu estado é un pouquiño deteriorado, pero os curas non soltan a "pita" e nós non temos un can.






O José Luis da Ponte repinicando as campanas, co mesmo ímpetu que fai coarenta anos.


Aquí temos o Anibal na compañía de José Luis.

Esta é a casa da Jesusa, restaurada por Maria Elena que de vez en cando honranos coa sua visita dende a capital do reino.



Xa chegou o frío e as neves queren empezar a vir polos montes de Portugal.