Rubiás pertenece a parroquia de Cadós, concello de Bande (Ourense). Está situato no que poderíamos chamar pre-Parque Natural do Xurés. A situación sobre o nivel do mar e de 700 mts.
A vexetacion predominante son: carballos (vidiño e cerquiño), castiñeiros (cañotas centenarias), vidros, amieiros, e destacar tamén a presencia dunha importante colonia de "pica loureiro" (acebo), en perigo de extinción.
Para buscar a orixe de Rubiás hai que remontarse a época prerromana, uns 200 anos a.C. aprox. pois o lugar está situado o pé dun Castro celta.Este Castro está sin excavar, pero según dicen diferentes arqueólos debería ser un dos mais importantes da zona por a cantidade e calidade de restos encontrados: varios trisqueles, muiños de man, sarcófagos, unha aguia de bronce, e tal vez o mais importante: un busto de pedra de un guerreiro, coñecido como a "Cabeza de Rubiás". Falaremos de esta peza un pouco mais polo miudo.
O 24 de outubro de 1934 os membros da comisión de Monumentos, entre os que se encontraban Lopez Cuevillas e Otero Pedrayo, fixeron unha visita pola zona, sinalando a calidades dos obxectos recollidos entre os que se encontraba o mencionado busto. Dicen os vellos do lugar que apareceu arando no barbeito de Teresa no Crasto, recollérona e colocárona enriba de un "chafariz" (fonte) que había entre as bodegas no Canto. Na actualidade esta e outras pezas poden verse no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
" A pía do pasadizo". Na actualidade pía para beber as ovellas, fai un século aprox. servia para lavar aos nenos, e antes.... sepultura......
Tamén ten importancia a capela, que para non ser Igrexa Parroquial destaca polas suas dimensións así como polo seu retábulo de estilo barroco e varias imaxes que o parecer son de orixe medieval.
A capela está adicada a Virxe dos Remedios, moi querida por todos os veciños é ten unha romaría que se celebra os días 8 e 9 de setembro, polo menos dende o ano 1716 según consta no
"Libro de la Cofradía de Nuestra Serñora de Rubiás" que durante 89 anos vai contando todos os pormenores da festa.
A festa é das mais importantes de toda a comarca, coñecéndose como o "día 8 de Rubiás". Primeiramente celebrábase na "aira da viña", pero a finais do século XIX foi cambiada para a ubicación de hoxe, - a Senra- onde se celebrou tamén unha feira anual de gando durante uns anos.
Por aquí pasaron as mellores bandas de música como a Banda Municipal de Ourense, Banda do Exército, Banda da Camara de Oporto......
A día de hoxe todo queda reducido a unha misa e unha procesion. Todo pasa....todo queda.....