luns, 15 de setembro de 2014

O Gran Anibal

Oxe e un dia triste, O gran Anibal, home de ben, deixanos, abandona Rubiás e marcha para a Residencia de Castro Caldelas.
Dende a sua volta da Alemaña vivía na Valenzá, onde se dedicaba a bonita actividade da crítica aos que viñan porque non iban e aos que iban porque non viñan.
Moita sorte Anibal onde quera que te atopes.

ACONTECEMENTOS 2014

Este ano que ainda non rematou deparounos algunha sorpresa non moi agradable, sufrimos un conato de incendio nos barbeitos da Cabada, detrás da casa dos Biempica. O susto foi grande, pero non hubo que lamentar perdas que é o que importa.
Ante semellante suceso reunironse o Vigairo e os seus colegas para dictaminar ao culpable da desfeita pero tras longas discusións non chegaron a acordo ningún. A duda persiste: non se sabe se foi mechero ou mixto.