venres, 18 de novembro de 2011

A Procesion do dia nove

Como cada nove de setembro a nosa Santiña, a Virxe dos Remedios, saiu en procesion dende a Eirexa parroquial ata a capela de Rubiás.
O rematar a misa fixeron  unha actuacion estelar os gaiteiros de Cadós. O  Pepe botoulles unha man coas maracas
 Un pouquiño da actuacion

martes, 15 de novembro de 2011

Fotos de outros tempos


A malla na aira da Viña, era do mais duro.
A Sofia Loren vai beber na fonte. Din que ten un certo parecido ca Maria do Bergas.

Nestas instantaneas vemos a sra. Dosinda e o sr. Manuel do Bergas. O meniño e o Carlos da Maria (e do Juan) e o mozo e o Pepe do Bergas.
Aquí temos a parte da familia Curta. De esquerda a dereita temos a Carmen, Maria da Ponte, Maria Morgada, Leonilda e Pilar.
A Maria Elena xunto co Luis e o Rafael do Curto.
A Barrosa e a Guinda. Eran coma da familia....

venres, 11 de novembro de 2011

Nova ruta de Senderismo



Fai un par de anos que arranxaron o camiño  que vai a Souto. Foi un proxecto que se chama "Camiños Naurales"; concretamente o que pasa por Rubiás vai dende Celanova a Portoquintela.
A diversidade da flora e espectacular en todo  o recorrido, e a sombra que proporcionan os castiñeiros, carballos, vidros....agradecese cando o sol aperta no verán.


Son numerosos os camiñantes que disfrutan desta ruta, e se deteñen a refrescarse na fonte da Reñoá ou na de Fontesendes, nesta fonte ibamos lavar as tripas dos porcos na matanza, pois no inverno era quentiña e no verán fresquiña.

martes, 26 de xullo de 2011

Contacto

 Quen queira contactar con nós a dirección é : rubiasdebande@gmail.com

Pena Maior

Espectaculares vistas que hai dende o coto de Pena Maior:
Plantado ahí no fondo, ben agarimadiño está Rubiás, mais arriba Recarei , Sarreaus e Calvos.

O fondo os montes do Arnedo e  mais abaixo, Bande.
Bonita vista de Xordos e o fondo a Limia.
A serra de Portugal o fondo é tamen un anaquiño do encoro do Lindoso.

luns, 20 de xuño de 2011

Rubiás es más

Linda vista que temos dende a Aira da Cabada. O fondo temos os montes de  Couso e Soutelo e Fornadeiros de Muiños.

Rubiás non é terra de viño. Pero somos lugar de bebedores, ahí están as bodegas para que o viño estea no seu puntiño. Porque en todo o Mundo se sabe que os de Rubiás son "Os que máis beben e menos mexan...."


O carro.

O  Canastro. Arquitectura típica de Galicia


O Forno na aira da Cerdeirdiña, foi recentemente restaurado. Aquí cocíanse ata catorce páns de millo. O mais sabroso do Universo.
Fonte do Forno. Nunca seca, o caudal é case sempre o mesmo de verán que de inverno.
Fonte de Riba. No verán seca e desvíase a sobrante da traída.

sábado, 11 de xuño de 2011

Fotos
Campo da Senra. Tremendas vervenas eiquí se viviron

Poza da Senra. Mesmo parece Olímpica a que si?. Dende aquí reganse as fértiles fincas  e os verdes campos da República de Rubiás. Fai moitos anos tamén era a piscina que tiñamos.

Maxestuoso, o coto das Cruzes, que ameaza con desprenderse ladeira abaixo. Tamén fai moitos anos aquí agochábanse os rapazes para non ir á escola.
En Rubiás houbo a primeira das escolas de toda a comarca, estamos a remontarnos sobre o ano 1850 aproximadamente. A ésta escola acudian alumnos de pobos bastante alonxados como pode ser Nigueiroá ou Santa Comba, Corbelle e incluso Bande. Un dos discípulos mais importantes desta escola foi o Gran Faustino Santalices, etnógrafo, e que foi quén de recuperar a "zanfoña", instrumento que solían tocar os cegos e que estaba practicamente desaparecida.



Nesta casa foi onde estuvo a primeira escola. Hoxe magníficamente restaurada como vivenda por  Antonio








martes, 7 de xuño de 2011

Rubiás

O gran problema de Rubiàs, o igual que o resto das aldeas de galicia e a despoblaciòn e o abandono, ainda  que ahora mismo estase a ver un tímido rexurdir en canto a restaurar vellas casas, que esperamos siga así.
O historiador Manuel Rubén García Alvarez, na súa obra: "Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media. Demografía. I"  e na páx. 248-249, dá unha estadística de poboación de varios lugares de Galicia por provincias. Entre eles cita a Rubiás que o redor do ano 1000 tiña 102 habitantes.

Unha estadística do ano 1753 fala de 38 veciños e 168 habitantes, outra de 1790 fala de 32 veciños, outra de1844 fala de 39 veciños. Xa no século XX , unha de 1950 fala de 190 habitantes. A dia de hoxe hai 9 veciños e 24 habitantes....

domingo, 5 de xuño de 2011

Situacion e Historia

Rubiás pertenece a parroquia de Cadós, concello de Bande (Ourense). Está situato no que poderíamos chamar pre-Parque Natural do Xurés. A situación sobre o nivel do mar e de 700 mts.

A vexetacion predominante son: carballos (vidiño e cerquiño), castiñeiros (cañotas centenarias), vidros, amieiros, e destacar tamén a presencia dunha importante colonia de "pica loureiro" (acebo), en perigo de extinción.

Para buscar a orixe de Rubiás hai que remontarse a época prerromana, uns 200 anos a.C. aprox. pois o lugar está situado o pé dun Castro celta.Este Castro está sin excavar, pero según dicen diferentes arqueólos debería ser un dos mais importantes da zona por a cantidade e calidade de restos encontrados: varios trisqueles, muiños de man, sarcófagos, unha aguia de bronce, e  tal vez o mais importante: un busto de pedra   de un guerreiro, coñecido como a "Cabeza de Rubiás".  Falaremos de esta peza un pouco mais polo miudo.

   O 24 de outubro de 1934  os membros da comisión de Monumentos, entre os que se encontraban Lopez Cuevillas e Otero Pedrayo, fixeron unha visita pola zona, sinalando a calidades dos obxectos recollidos entre os que se encontraba o mencionado busto. Dicen os vellos do lugar que apareceu arando no barbeito de Teresa no Crasto, recollérona e colocárona enriba de un "chafariz" (fonte) que había entre as bodegas no Canto. Na actualidade esta e outras pezas poden verse no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.



                " A pía do pasadizo". Na actualidade pía para beber as ovellas, fai un século aprox. servia para lavar aos nenos, e antes.... sepultura......

Tamén ten  importancia a capela,  que para non ser Igrexa Parroquial destaca polas suas dimensións así como polo seu retábulo de estilo barroco e varias imaxes que o parecer son de orixe medieval.

A capela está adicada a Virxe dos Remedios, moi querida por todos os veciños é ten unha romaría que se celebra os días 8 e 9 de setembro, polo menos dende o ano 1716 según consta no "Libro de la Cofradía de Nuestra Serñora de Rubiás" que durante 89 anos vai contando todos os pormenores da festa.
A festa é das mais importantes de toda a comarca, coñecéndose como o "día 8 de Rubiás". Primeiramente celebrábase na "aira da viña", pero a finais do século XIX  foi cambiada para a ubicación de hoxe, - a Senra- onde se celebrou tamén unha feira anual de gando durante uns anos.
Por aquí pasaron as mellores bandas de música como a Banda Municipal de Ourense, Banda do Exército, Banda da Camara de Oporto......

A día de hoxe todo queda reducido a unha misa e unha procesion. Todo pasa....todo queda.....



                               

xoves, 2 de xuño de 2011

Rubiás de Bande

Benvidos, bienvenidos,benvinguts,welcome,bienvenue, ongi etorri,....a este blog onde vamos a intentar falar un pouco da historia de Rubiás e tamén da actualidade.
Gustaríame que tamén fose sitio onde tod@s poidamos deixar as nosas reflexións sobre o noso pobo.