domingo, 15 de xaneiro de 2012

A PONTE CADÓS

Hoxe vamos a falar de a Ponte Cadós que perteñece a Rubiás (según os seus habitantes Eh!. Que non se me cabreen os de Cadós).Podemos dicir que A Ponte era a "zona industrial" da parroquia de Cadós, aquí estaban o comercio do Jesus e o do Marcial, o taller de costura da Emilia, correos, unha central hidroeléctrica (o Salto), e varios muiños.



Temos eiquí un bonito peto de animas, que tal vez debido a estar próximo a unha via Romana imita os edículos Romanos.

Este é o Pozo Fondo, no rio Cadós, debaixo destas rochas sae unha fontiña, coñecida como a "pingada da Santa Marta".


O río Cadós un dos mais troiteiros de toda a Baixa Limia, e que proporciona a auga para o regadío das fértiles terras de Rubiás, alberga tamén nas suas beiras numerosos muiños, eiquí vemos o muiño da Teresa e o dos Herdeiros, e o da Capilla e o de Recarei.


A moa e o rodicio dos muiños.


Arredor de 1930 empezou a funcionar unha mini central hidroeléctrica coñecida coma "O Salto", e proporcionaba electricidade para a parroquia de Cadós, Bande, Porto Quintela e Muiños. Anos mais tarde foi absorbido por Fenosa. Na actualidade ainda se pode ver un anaco da tuberia de presión e a casa.



MOZOS E MOZAS DE AQUELES TEMPOS

Eiquí temos unhas cantas fotos dos mozos e mozas de Rubiás da primeira parte da década dos cincuenta do século pasado. É bastante complicado identificar a éstes auténticos "modelos", parécenos que están o Valerio, a Monserrat, a Maria e o José do Bermello, o Jesús da Santa, a Amelia da Lisa, a Luisa do Gordo, o Manolo da Emilia, a Soledad...Se alguén recoñece a mais xente que o poña no apartado "comentarios", ou que escriba a dirección de e-mail do blog.
Estas fotos foron proporcionadas por o José do Bermello a través da súa filla Pepita. Moitas grazas.